A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía publica anualmente estudos lingüísticos e filolóxicos. Naceu en 1974 coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia e coa vocación de lle dedicar unha atención preferente á lingua galega. Desde entón o seu principal campo de estudo é o das linguas románicas, entre as que salientan o español, o galego e mais o portugués. Os seus volumes abordan temas variados que se inscriben en diferentes ámbitos da investigación lingüística e filolóxica: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática. Cada anuario da revista Verba contén, alén de artigos de investigación inéditos, notas breves sobre cuestións concretas e recensións de libros. Admítese a presentación de traballos nas seguintes linguas: galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán.

Ademais do volume anual, a revista edita unha colección de anexos monográficos (78 títulos entre 1974 e 2018). Ata o ano 2010 Verba editouse en versión impresa (ISSN: 0210-377X). Desde 2011 edítase en formato dixital co ISSN 2174-4017.

O portal dixital de Verba publícase en galego, español e inglés.

Verba conta co Selo de calidade da FECYT desde 2014, está incluída en ESCI, e ERIH PLUS, e foi aceptada en SCOPUS, o 21 de marzo de 2017. CIRC catalógaa no grupo B en Ciencias Humanas. MIAR asignoulle en 2017 un ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria) de 10.0.

SCOPUS, ERIH PLUS y FECYT

2017-09-27

Prezados lectores: temos o pracer de anunciarlles as seguintes novidades:

1. Con data 21 de marzo de 2017, foinos notificado que Verba fora aceptada en SCOPUS. De acordo cos avaliadores, “The journal maintains a convincing editorial policy” e “The title publishes excellent content relevant to its field”.

2. O día 21 de xuño de 2017 o equipo de ERIH PLUS confirmou o mantemento de Verba nesta base de datos, xa que cumpría as novas esixencias de transparencia e de calidade.

3. O día 21 de setembro de 2017 a FECYT comunicou que prorrogaba a vixencia do seu selo de calidade ata 2018, cando se faga pública a “VI convocatoria de avaliación de revistas”, á que Verba concorrerá nese momento.

Vol 45 (2018)

Publicado: 2018-09-19

Táboa de contidos

"Un cierto". Similitud y contraste con "cierto"

  • Josefina García Fajardo
Publicado 19-09-2018
Páxinas 23-37

Sintaxis y semántica de las expresiones vectoriales en español

  • Laura González López
Publicado 19-09-2018
Páxinas 39-65

La concordancia (ad sensum) con sustantivos cuantificadores en español

  • Javier San Julián Solana
Publicado 19-09-2018
Páxinas 67-106

La tradizione del frammento portoghese del Libro de Buen Amor

  • Simone Marcenaro
Publicado 19-09-2018
Páxinas 107-130

Oraciones hendidas: identificación y significado procedimental

  • Francisco José Raga Gimeno
Publicado 19-09-2018
Páxinas 131-165

Oraciones factitivas sintéticas y tipos de instrumentos en español

  • Agustín Vera Luján
Publicado 19-09-2018
Páxinas 265-298

As primeiras normas da Academia e a perda da súa auctoritas na codificación do galego

  • Xosé Ramón Freixeiro Mato
Publicado 19-09-2018
Páxinas 299-340

Las Tesis del 1929: algunas observaciones historiográficas

  • Petr ?ermák
Publicado 19-09-2018
Páxinas 341-360

Ai Santiago!

  • Pär Larson
Publicado 19-09-2018
Páxinas 361-368

Andreu Castell (ed.): Sintaxis y diccionarios

  • Alberto Bustos Plaza
Publicado 19-09-2018
Páxinas 369-372

Fraseología Española: Diacronía y Codificación

  • José Ricardo Carrete Montaña
Publicado 19-09-2018
Páxinas 373-379

Nota-Recensión

  • Ricardo Pichel Gotérrez
Publicado 19-09-2018
Páxinas 381-396
Ver todos os números