Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible
Artículos

A exclusión territorial como unha forma de manifestación dos procesos de exclusión social

Melchor Fernández Fernández
Universidade de Santiago de Compostela
Dolores Riveiro
Universidade de Santiago de Compostela
Coordinadores: Eduardo Corbelle Rico, Marco V. García Quintela e María Loureiro García
Publicados diciembre 20, 2018

Resumen

A accesibilidade aos servizos básicos é esencial para asegurar a calidade de vida da poboación. Unha distribución equilibrada destes servizos (escolas, centros de saúde, oficinas de farmacia, centros sociais, servizos deportivos, servizos financeiros, supermercados etc.) permite á poboación identificarse co seu espazo máis próximo, aumentando a cohesión social e a interrelación entre o núcleo de poboación e os seus habitantes. De feito, un dos factores que poden provocar ou agravar a exclusión social dos individuos radica na vulnerabilidade, afastamento ou estigma social dos territorios que habitan. Neste traballo reflexionase sobre o concepto de exclusión territorial e a súa relación coa exclusión social, preséntase un método de cuantificación e análise da exclusión territorial e móstranse os resultados da súa aplicación a un servizo público básico, a prestación farmacéutica. Os resultados obtidos mostran que a regulación actual non permite resolver os problemas de acceso ao medicamento de numerosos núcleos de poboación do interior de Lugo e Ourense.