Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible
Artículos

Montes Veciñais en Man Común e Baldios: Unha análise comparativa das propiedades comunitarias de Galicia e Portugal

Damián Copena Rodríguez
GIEEAH-Universidade de Vigo
Coordinadores: Eduardo Corbelle Rico, Marco V. García Quintela e María Loureiro García
Publicados diciembre 20, 2018

Resumen

A existencia de propiedade comunitaria é posiblemente a característica máis singular do réxime de propiedade dos montes de Galicia e de Portugal. As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e os Baldios xestionan amplas áreas de monte compartindo características e similitudes, tanto no relativo á súa evolución histórica como no que se refire ás problemáticas sociais, económicas e ambientais que padecen.
O presente traballo realiza, a partir de diferentes metodoloxías entre as que destacan as vinculadas coa investigación participativa, unha comparativa entre estas dúas figuras de xestión colectiva do monte, caracterizándoas, debullando o marco normativo baixo o que se regulan e realizando unha aproximación inicial ao contexto produtivo no que se atopan, ás actuais ameazas coas que contan e ás oportunidades existentes a partir de novas lóxicas vinculadas coa sustentabilidade. O traballo mostra como están comezando a aparecer novos ámbitos de manexo vinculados coa multifuncionalidade nos dous espazos xeográficos.