Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible
Artículos

O financiamento das pequenas empresas e o desequilibrio territorial rural-urbano: o caso da provincia da Coruña

David Peón Pose
Universidade da Coruña
Xose Manuel Martínez Filgueira
Universidade da Coruña
Coordinadores: Eduardo Corbelle Rico, Marco V. García Quintela e María Loureiro García
Publicados diciembre 20, 2018

Resumen

Tras a crise financeira, a reordenación do mapa bancario e consecuente perda de entidades financeiras
propias, cuestionámonos se a problemática de acceso a crédito bancario pode ser máis acusada para as PEMEs galegas en entornas rurais. O obxectivo da investigación é o estudo do crédito comercial como alternativa ao crédito bancario, o diagnóstico das dificultades de acceso a financiamento e a súa relación cos desequilibrios territoriais rural-urbano.
Os resultados son aínda preliminares, pola necesidade de refinar os datos de acceso a financiamento das empresas e as escollas de tipo econométrico. Con todo, tomando unha mostra de empresas industriais da provincia da Coruña, compróbase que os volumes de crédito comercial son relativamente
baixos no contexto europeo, e as empresas que operan no rural conceden menos crédito comercial que as urbanas. Ademais, fináncianse máis vía provedores – coherente coa hipótese de contar con peor acceso a crédito bancario – mais o efecto non é significativo para as empresas independentes.