Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible
Artículos

Análise territorial no xiro espacial do coñecemento

Rubén Camilo Lois González
Universidade de Santiago de Compostela
Biografía
Lucrezia Lopez
Universidade de Santiago de Compostela
Biografía
Maria Ángeles Piñeiro Antelo
Universidad de Santiago
Biografía
Coordinadores: Eduardo Corbelle Rico, Marco V. García Quintela e María Loureiro García
Publicados diciembre 20, 2018

Resumen

O pensamento contemporáneo referido á ciencia deu un xiro moi importante nos anos 1960 e 1970, sobre todo en Francia. Varios autores cuestionaron a preeminencia e inmutabilidade do discurso histórico. Nas súas obras comezaba a colocarse en primeiro termo a análise espacial e territorial crítica. Este proceso coñécese como o “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo. A presente proposta epistemolóxica espacial e territorial é recollida na USC polo Grupo de Investigación ANTE tratando de crear un potente polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional. Trátase de estudar os grandes temas do mundo actual desde a perspectiva enmarcada na teoría social crítica. Os efectos da globalización e da urbanización, do cambio rural, do abandono e avellentamento, dos impactos ambientais, do turismo ou do desenvolvemento endóxeno e sustentable son temas centrais nunha abordaxe que sempre recorre á análise a diferente escalas.