Revista Galega de Economía

Número en curso

Vol 27 No 2 (2018)

A Revista Galega de Economía é unha revista semestral fundada en 1992 e promovida pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Publica artigos orixinais relacionados cos campos da economía e o desenvolvemento empresarial de interese para os sectores produtivos e a sociedade. Tamén publica informes seleccionados sobre temáticas de interese especial. Ten unha perspectiva internacional, tanto no obxectivo de difundir a investigación realizada en Galicia como de recibir contribucións de interese xeral de diversas áreas do mundo. O conxunto dos seus interesantes artigos, publicados desde o seu inicio en 1992, é de lectura recomendable para estudantes e estudiosos da economía galega, española, europea e internacional.

A Revista Galega de Economía
aparece indexada en SCOPUS, Dialnet, InDICEs do CSIC, en IDEAS-RePEc, REDALYC e EconIS, entre outras. Tamén aparece recollida polas ferramentas de avaliación da calidade editorial como MIAR, DICE ou CIRC.

O portal dixital da Revista Galega de Economía publícase en galego, español e inglés. As linguas de publicación son o galego, español, portugués e inglés.

Ver todos os números