No 54 (2019): 1º semestre

Estudos

A voltas coa posverdade
Darío Villanueva Prieto
Universidade de Santiago de Compostela
España
27-06-2019

A posverdade, entendida como toda información ou aseveración que non se basea en feitos obxectivos, senón que apela ás emocións, crenzas ou desexos do público, é o concepto xurdido da actual posmodernidade (ou transmodernidade para algúns autores) que se remonta ao último terzo do século XX. Non obstante, o presente artigo defende a antigüidade do concepto e bota a vista atrás para realizar unha viaxe por varios antecedentes relacionados con distintos ámbitos como o literario, político ou os medios de comunicación. Deste xeito, faise posible chamar a atención sobre a problemática da posverdade concepto na contemporaneidade e a incidencia dos avances da comunicación audiovisual e da realidade virtual que complican aínda máis o desenvolvemento da capacidade do ser humano de discernir entre realidade e ficción, entre verdade e mentira.

PDF
Achegamento á literatura infantil galega dende unha perspectiva ecocrítica
Eulalia Agrelo Costas
Universidade de Vigo/ ICE-Universidade de Santiago de Compostela
España
28-06-2019

Neste traballo evidénciase a capacidade da literatura infantil para formar a nenez nos valores vinculados co universalismo, que se consideran imprescindibles para a preservación do medio ambiente e mesmo harmonizar a relación entre os seres humanos e a natureza. Dende estes parámetros, faise unha achega á ecocrítica que intercomunica ecoloxía e literatura e realízase un breve repaso por aquelas obras da literatura infantil galega que impulsan unha ideoloxía ecolóxica entre o seu lectorado.


PDF

Notas

Análise imagolóxica do discurso narrativo do personaxe cadalsiano Gazel en Cartas marruecas
Laura Caamaño Pérez
CRPIH Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
España
27-06-2019
Ofrécese, partindo dos estudos literarios comparados e centrándonos na análise imagolóxica, unha reflexión sobre o discurso narrativo do personaxe “Gazel Ben-Aly”, un dos protagonistas de Cartas marruecas, da autoría de José Cadalso, por considerar que se trata dunha das obras literarias máis relevantes da Ilustración española.
PDF
A complexidade do modelo fantástico intertextual de Cada corazón, un umbral
Rocío G-Pedreira
CIEC, Instituto de Educação- Universidade do Minho/ Instituto de Ciencias da Educación- Universidade de Santiago de Compostela
España
http://orcid.org/0000-0002-5102-5078
27-06-2019

A influencia recíproca dos sistemas literarios infantil e xuvenil e da literatura para adultos é unha constante dende as primeiras obras ‘gañadas’ que iniciaron o proceso de constitución da Literatura Infantil e Xuvenil. O presente artigo dá conta da evolución desa relación a través da análise da construción fantástica da novela para público adulto Every Heart A Doorway [traducida ao español como Cada corazón, un umbral], escrita por Seanan McGuire e publicada orixinalmente no 2016, gañadora dos Premios Hugo, Locus e Nébula 2017, algúns dos galardóns máis importantes da literatura fantástica. O foco de atención situarase en como se crea unha narrativa fantástica complicada de tipificar que se constrúe a través da intertextualidade coa fórmula fantástica máis utilizada no sistema literario Infantil e Xuvenil, na cal a crianza protagonista viaxa dende o mundo primario (realista) ao mundo secundario (fantástico), do cal regresa tras dunha experiencia enriquecedora e complicada que lle fai ollar o mundo con outros ollos.

PDF

Encontros

Encontro con Daniel Asorey, autor de Nordeste
Soledad Ríos Santomé
España
27-06-2019

Nesta entrevista téntase indagar nas claves da súa novela Nordeste, Premio de Narrativa Breve Repsol 2016. 

O autor falará de feminismo, escravismo, capitalismo, colonialismo, entre outras moitas cuestións.

PDF

Libros

María Victoria Moreno. Homenaxe. Palabra fértil no tempo
Lara Rozados Lorenzo
Universidade de Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
España
27-06-2019
PDF
Clave Orión. Números XVI-XVII. Homenaxe a Aurora López e Andrés Pociña
Ánxela Lema Paris
Universidade da Coruña e Université Paris 8 Vincennes-Saint-Denis.
España
https://orcid.org/0000-0002-0690-7864
28-06-2019
PDF
El grupo Nós. Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas y Antonio Losada Diéguez
Laura Caamaño Pérez
CRPIH Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
España
27-06-2019
PDF
Contra la lectura
Mª del Mar Fernández Vázquez
Universidade de Santiago de Compostela / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
España
27-06-2019
PDF
Poesía Reunida
Raúl Costas Pereira
Universidade de Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro para a Investicación en Humanidades.
España
https://orcid.org/0000-0002-7017-7333
27-06-2019
PDF